A última xornada da estadía de observación das profesoras Chus Corral e Isabel Cachaldora en Módica (Sicilia) puxo o broche final a unha semana intensa de aprendizaxe e intercambio educativo dentro do proxecto Erasmus+ do centro.
Durante o día tiveron a oportunidade de participar nun interesante obradoiro de fotografía xunto co profesorado e o alumnado do centro anfitrión, unha actividade creativa que lles permitiu coñecer novas propostas didácticas e compartir experiencias nun ambiente collaborative
Ademais, as dúas profesoras realizaron unha presentación sobre o funcionamento da biblioteca do noso colexio, explicando o seu papel dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación. Foi unha ocasión moi valiosa para compartir o traballo que se desenvolve no centro e intercambiar ideas arredor do fomento da lectura e do uso educativo da biblioteca.
A xornada rematou cun momento especial: a cerimonia de entrega dos certificados que acreditan a participación e a finalización da estadía de observación.
Con esta actividade péchase unha mobilidade que resultou moi enriquecedora e satisfactoria, tanto a nivel profesional como persoal, e que reforza os lazos de colaboración europea no ámbito educativo.










Ningún comentario:
Publicar un comentario