luns, 4 de maio de 2026

Recompilación visita Erasmus desde Groenlandia

 Como cedes no post anterior, durante varios días da pasada semana, o noso centro tivo o pracer de recibir a visita Erasmus+ dun grupo procedente de Atuarfik Hans Skole, en Nuuk (Groenlandia). A mobilidade contou coa participación de 21 alumnos, 2 profesores e 2 pais, que compartiron connosco unha experiencia educativa e cultural moi enriquecedora.


A xornada de benvida incluíu unha presentación do centro por parte da directora, Beatriz Temes, así como a recepción da xefa de estudos e coordinadora Erasmus, Beatriz Nieto, quen explicou o programa de actividades preparado para a estancia.


Ao longo da semana, o alumnado participou en numerosos obradoiros e sesións interactivas, desenvolvidas principalmente en inglés, que permitiron traballar aspectos relacionados coa cultura galega, a bioloxía, a ecoloxía e os recursos naturais.



Entre as actividades máis destacadas estiveron os obradoiros cooperativos sobre mobilidades Erasmus e intercambio cultural, talleres de novas tecnoloxías, sesións de defensa persoal, talleres lúdicos de bioloxía, así como visitas á aula de Polos Creativos e á biblioteca do centro.


Un dos momentos máis interesantes da estancia foi a presentación realizada polo alumnado groenlandés sobre o seu centro educativo, a súa cultura e o seu estilo de vida en Groenlandia, permitindo ao alumnado participante coñecer mellor a realidade dun país tan singular.


Ademais, durante a visita realizáronse diferentes recepcións institucionais. O grupo foi recibido no Concello de Ourense pola concelleira de Educación, Tamara Silva, e tamén na Deputación de Ourense.


A mobilidade concluíu cun acto de entrega de diplomas, poñendo fin a unha semana de convivencia, aprendizaxe compartida e intercambio cultural que, sen dúbida, deixará unha lembranza moi positiva en toda a comunidade educativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario