Grazas de novo, María José, por compartir o aprendido no 52º Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira. Neste caso, o foco foi sobre o ensino do vocabulario e a importancia de seleccionar léxico útil e que estratexias e ferramentas pódense usar para potenciar a competencia léxica como clave na competencia en idiomas.
Blog dos proxectos Erasmus + que se levan a cabo no colexio.
Páxinas
- Inicio
- Benvida
- O noso centro
- O noso proxecto 2017-18
- O noso proxecto 2018-20
- Proxecto DTICEQT 2021-23
- Proxecto IDEFFO 2021-23
- Skills4Inclusion 2022-24
- Southampton
- Turín
- Londres
- Brunswick
- Brighton
- Helsinki
- Karlshamn
- Florencia
- Vizela
- Leeds
- Dublín
- Crema
- Barcelos
- Atenas
- Praga
- París
- Oeiras
- Roma
- PDE
- Entrevistas
- Mini proxectos dos alumnos
- Nos visitan
- Difusión
- Contacto
martes, 10 de abril de 2018
Obradoiro sobre a potenciación da memoria para a aprendizaxe
Unha das nosas teachers, María José Gil, comparte impresións e varias imaxes sobre un obradoiro no que acaba de participar dentro do 52ª Congreso da Asociación de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira en Brighton.
Grazas María José! desexando saber máis!
Greetings from Brighton
María José Gil, profesora de inglés, comparte con nós varias imaxes da súa chegada ao 52º Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira, que se está a celebrar en Brighton, Reino Unido.
Con máis de 3000 participantes de 100 países, é unha oportunidade única de coñecer as novas tendencias no ensino do inglés e de intercambiar impresións sobre retos futuros e establecer contactos para futuras colaboracións.
Logo dunha sesión inaugural, agora mesmo María José está nunha interesantísima plenaria sobre a necesidade de aproximar a investigación á práctica docente, impartida por Ángeles Ortega da Universidade de Georgetown (EEUU). ¡Estamos atentos!
venres, 6 de abril de 2018
Have a good trip, María José!
María José Gil, profesora de inglés no colexio,
viaxará a próxima semana a cidade británica de Brighton para para participar no
52º Congreso Anual da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como
Lingua Estranxeira. Con máis de 3000 partipantes de ata 100 países distintos, a
participación neste congreso é unha oportunidade única para entrar en contacto
con profesionais, enfoques metodolóxicos e prácticas docentes novas así como de
dar a coñecer o noso centro e entrar en contacto con docentes cos que colaborar
en futuros proxectos de innovación e internacionalización.
Esta mobilidade xa está a ter un impacto moi
positivo no centro xa que os alumnos de 2º da ESO, supervisados por Mary González,
elaboraron un diario de viaxe con información útil sobre Brighton e
entregáronllo a María José para facilitar a súa estadía nos próximos días.
Estes
alumnos, e a comunidade escolar en xeral, beneficiaranse a moi curto prazo
desta mobilidade xa que no mes de maio están programados dous seminarios nos
que María José difundirá o aprendido no evento, os retos asumibles e tamén
información acerca da cultura e tradicións desta cidade ao sur de Inglaterra.
Have a good trip, María José!
xoves, 5 de abril de 2018
Mini proxecto sobre Brighton
A
pouco menos dunha semana para que comece a 5ª mobilidade do noso proxecto
Erasmus +, a clase de 2º de ESO-A, supervisada pola teacher Mary, ven de
completar un fantástico diario de viaxe con información sobre Brighton, unha
preciosa vila na costa sur do Reino Unido. Alí viaxará o domingo unha das
profesoras de inglés, María José Gil, para participar no 52º Congreso Anual daAsociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeiras.
Portada do diario de viaxe |
Mary fai entrega do diario a María José |
Velaquí varias imaxes do diario de viaxe.
Congratulations
on your awesome work!!
mércores, 4 de abril de 2018
Entrevista a Beatriz Nieto sobre a súa estadía en Brunswick
Beatriz Nieto ven de compartir con nós a súa experiencia en Brunswick, Alemaña, logo de rematar a súa estadía na Realschule George Eckert o mes de marzo. Non deixes de ler esta entrevista. Grazas, Bea!
Tipo de mobilidade: estadía de observación
Institución de acollida: Realschule George Eckert
Duración: 5 días
Lugar: Brunswick, Alemaña
Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Observación da práctica docente e do funcionamento do sistema educativo alemán
Que tipo de actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Velaquí unha relación das actividades que levei a cabo:
- Observación organización centros
- Observación de clases e talleres de diferentes materias
- Entrevista con alumnas que cursan castelán como lingua estranxeira
- Participación nun seminario de avaliación de alumnos que cursan estudos para ser profesores
- Visita a dous centros escolares de ensinanza media de diferente categoría - Realschule e Gymnasium
- Revisión material educativo -libros de texto e outros
- Participación en saídas culturais cos alumnos
- Asistencia a unha xornada de presentación a pais e nais da escola e das materias ofertadas no centro
- Asistencia a reunións do profesorado
Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
A avaliación do proceso E-A, a maneira de organizar as clases e xestionar o centro, e o proceso de formación e avaliación do profesorado
Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
A impecable organización da miña estadía, que brindoume a posibilidade de asistir a tan variadas actividades para obter unha visión xeral da educación en Alemaña.
Como cres que podería mellorar?
A organización foi estupenda, por comentar algo, quizás tería sido interesante visitar unha Hapschule, unha escola secundaria para alumnos que optan pola vía da formación profesional.
Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Creo que moitas das prácticas docentes que observei poden ser extrapolables ao noso día a día de forma doada e que conducirían a unha melloría nos catro ámbitos do proxecto: xestión, inclusión, innovación e internacionalización.
En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?
Sí
Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto
Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
O proxecto Erasmus+ ofrécenos a oportunidade de coñecer outras formas de traballar, de comprobar o que funciona e o que non o fai tanto, de abrir a mente, de coñecer xente marabillosa... A diferencia cunha mera viaxe é inmensa: aquí non eres un espectador, formas parte de algo máis grande... é emocionante sumerxirte noutra forma de traballar e cultura dende o día a día, como un máis.
Para saber máis sobre a mobilidade de Beatriz, fai clic AQUÍ.
O programa de Escolas Embaixadoras da UE na prensa
O suplemento Xornal Escolar de La Región faise eco da participación dos alumnos de 4º ESO e 1º de BAC no programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo. Podes atopar máis información nesta ligazón.
Grazas por difundir!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)