mércores, 12 de febreiro de 2020

2ª xornada en Florencia

O segundo día de Diego Iglesias no curso sobre xestión de conflitos e prevención do bullying foi moi produtivo e interesante! Os participantes tiveron a oportunidade de pór en práctica o aprendido o 1º día grazas a simulacións nas que se decataron da importancia da intelixencia emocional.







Tamén tiveron a oportunidade de intercambiar información acerca da súa realidade docente e dos retos do seu sistema.
Velaquí Diego presentando o noso centro:



Grazie tanti!!

A mobilidade en Florencia na prensa

O Xornal Escolar de La Región faise eco da mobilidade de Diego Iglesias en Florencia, que, como sabedes, está a facer un curso sobre intelixencia emocional e resolución de conflitos.
Grazas pola difusión!


martes, 11 de febreiro de 2020

1ª xornada en Florencia

Diego Iglesias comparte con nós a súa experiencia no 1º día de formación en Florencia, unha xornada interesante na que, da man de Susan Gagliano, afondaron nos elementos que compoñen a intelixencia emocional (autocoñecemento, autocontrol, motivación, empatía e relacións interpersoais) e como este tipo de intelixencia axuda a xestionar conflictos e convertilos en oportunidades de aprendizaxe.







Que inspirador! Grazie mille, Diego!

sábado, 8 de febreiro de 2020

Buon viaggio, Diego!

Diego Iglesias viaxará este domingo a Florencia para participar nun evento formativo dirixido a profesores de centros educativos de toda Europa. Ao longo de 6 días, Diego terá a oportunidade de aprender estratexias e medidas de inclusión e importar boas prácticas de atención á diversidade. Ademais, entrevistaráse con profesores de diferentes países para intercambiar información sobre a súa realidade educativa e sociocultural e para sentar as bases de futuros proxectos de colaboración.


Estamos atentos, Diego!
Buon viaggio!!

venres, 7 de febreiro de 2020

Proxecto sobre Florencia

A menos de 3 días para que comece a 11ª mobilidade do noso proxecto Erasmus +, os alumnos de 3º de ESO-A, supervisados pola súa profesora Chus Corral, veñen de facer una fantástica exposición sobre unha cidade excepcional, Florencia. Alí viaxará o domingo Diego Iglesias para participar nun curso de inclusión educativa no que poderá familiarizarse co sistema educativo italiano e apender estratexias e técnicas para atender con eficacia ás necesidades dos alumnos.
Grazie mille, ragazzi!!



















mércores, 5 de febreiro de 2020

A mobilidade en Dublín na prensa

O Xornal Escolar de La Región faise eco da mobilidade de María José Novo en Dublín sobre a metodoloxía AICLE e de como os alumnos que elaboraron o proxecto sobre Irlanda descubriron grazas a María José moitos detalles interesantes da cultura e tradicións deste país.


Grazas pola difusión!

venres, 31 de xaneiro de 2020

Discovering Ireland

Os peques de infantil descubren a cultura e tradicións de Irlanda logo da estadía en Dublín da súa titora, María José Novo que, como recordaredes, fixo un curso sobre a metodoloxía AICLE (Aprendizaxe Integrado de Contidos e Linguas Estranxeiras) o pasado novembro.
Ademais de estar en contacto a través de vídeos durante a estadía, María José compartíu libros, folletos e pósters sobre lugares de interés, celebridades, gastronomía e natureza.
Thanks, María José! We love Ireland!






Para saber máis, visita o blog da clase de 5 anos.