Onte pola tarde, Eva Pousa impartíu unha interesantísima charla ao profesorado de ESO e BAC sobre o sistema educativo británico logo da súa mobilidade en Southampton o pasado mes de outubro.
Grazas á experiencia de Eva puidemos familiarizarnos coas etapas educativas en Gran Bretaña, os métodos de ensino, o sistema e instrumentos de avaliación, o labor docente, o labor da inspección e o control da xestión e da calidade nos centros educativos.
Ademais, xurdíu un debate ben interesante que de seguro terá un impacto a corto e longo prazo na nosa comunidade escolar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario