A titora de 2º de primaria, Antía Pousa, viaxará á cidade italiana de Turín para
participar nunha estadía de observación nun colexio de educación primaria, o
Instituto Comprensivo Marconi Antonelli, un centro que desde 2015 conta co selo de calidade de Marchio (S.A.P.E.R.I.) sobre servizos, igualdade, ensino,
ética e inclusión.
Ao longo de 6 días, Antía terá a oportunidade de
observar clases reais para analizar o seu enfoque pedagóxico e importar boas
prácticas docentes. Ademais,
entrevistarase con profesores para intercambiar información sobre a realidade
educativa e sociocultural en Italia e no noso país e para sentar as bases de
futuros proxectos de colaboración.
Boa viaxe,
Antía!
Ningún comentario:
Publicar un comentario