venres, 17 de novembro de 2017

Una canzone per i nostri amici di Torino

Queda pouco máis dunha semana para que Antía Pousa, profesora de 2º de primaria, viaxe a Turín para facer unha estadía de observación no Istituto Comprensivo Marconi Antonelli. Os nosos rapaces de primaria xa levan varios días preparando sorpresas para os alumnos de Turín, que Antía levará consigo. Entre elas, velaquí este precioso vídeo do coro e a súa directora María José Novo, no que os coristas interpretan unha canción en italiano e otra en galego.


Bravo ragazzi!

Ningún comentario:

Publicar un comentario