xoves, 16 de novembro de 2017

Entrevista a Eva Pousa sobre a súa estadía en Southampton

Eva Pousa, secretaria do centro e profesora de inglés, ven de compartir con nós a súa experiencia en Southampton logo de rematar o curso sobre Xestión e Calidade Educativa o pasado mes de outubro. Non deixes de ler esta entrevista. Grazas Eva!


Tipo de mobilidade: curso de formación
Institución de acollida: International Study Programmes
Duración: 8 días
Lugar: Southampton, Reino Unido

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Durante os tres primeiros días asistín a seminarios con profesores da zona e con membros da Ofsted. Tamén participei, de forma voluntaria, nun seminario sobre novas tecnoloxías aplicadas á educación. Como parte da mobilidade visitei dous centros educativos pertencentes a Local Authority de Southampton, un de educación primaria e outro de educación secundaria.

Que tipo de actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Seminarios e visitas a centros escolares que incluíron encontros con directores, xefes de estudos e coordinadores de prácticas.

Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
As visitas aos centros foron moi reveladoras. Os seminarios cos membros de Ofsted permitironme establecer comparacións co sisitema polo que nos reximos nós.

Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
Compartir a experiencia con outros 16 profesores doutros países (Letonia, Italia, Romanía, República Checa e Portugal) Reflexionar sobre a situación do sistema educativo no noso país e poder ver cal é a situación outros países. Ver cómo é e funciona un sisitema educativo diferente ao noso.

Como cres que podería mellorar?
Sería interesante poder compartir a experencia con algún compañeiro para intercambiar impresións.

Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Unha das ferramentas que descubrín no seminario de novas tecnoloxías pode ser utilzada en todos os niveis educativos. Ademais, hai certos aspectos observados que se poderían aplicar no noso centro, o que suporá un i,pacto directo da mobilidade no centro.

En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio

Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?


Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
É unha oportunidade única que no se debe deixar pasar. Todos deberíamos participar nalgunha.

Para saber máis sobre a mobilidade de Eva, fai clic AQUÍ.


Ningún comentario:

Publicar un comentario