Velaquí as
imaxes do primeiro día de Antía Pousa no Istituto Comprensivo Marconi Antonelli
en Turín. Foi unha xornada intensa na que Antía puido observar clases de 1º, 2º e 6º de primaria e impartir
docencia a en varios grupos para amosarlles os libros sobre Ourense creados polosalumnos de 1º de primaria así como nocións básicas das nosas linguas e da nosa
cultura.
Así mesmo, os alumnos de 6º de primaria amosáronlle a Antía un precioso libro sobre Turín e arredores creados por eles mesmos e que compartirán cos seus compañeiros do noso colexio.
Moitas grazas Antía
por compartir a túa experiencia e ás profesoras do centro pola acollida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario