venres, 9 de maio de 2025

Día 4 da estadía de observación en Nicolosi

 Cuarta xornada da estadía de observación Erasmus + de 5 días de María José Novo e María José Gil, profesoras de infantil/música e de inglés/francés na ESO, no Istituto Comprensivo Card G. B. Gusmet en Nicolosi.











Pola mañá observaron unha clase de arte na que estaban preparando un mural do hall e unha expo para celebrar o Día de Europa.

Despois asistiron a clases de inglés e música baseadas na gamificación

Pola tarde saíron de excursión ao parque do Etna para coñecer a flora e a paisaxe. O alumnado fixo de guías.

xoves, 8 de maio de 2025

Día 3 da estadía de observación en Nicolosi

Terceira xornada xornada da estadía de observación Erasmus + de 5 días de María José Novo e María José Gil, profesoras de infantil/música e de inglés/francés na ESO, no Istituto Comprensivo Card G. B. Gusmet en Nicolosi.

Pola mañá, visitaron dous centros de Primaria, percorrendo as instalacións e observando dúas clases: música e inglés. Tamén lles presentaron o proxecto da Horta escolar, unha iniciativa que promove hábitos mói saudables entre o alumnado. 

Pola tarde, foron ver o ensaio do coro e interpretaron varias cancións sicilianas así como o himno de Nicolossi.

Despois foron visitar algúns dos cráteres do Etna coa coordinadora Erasmus e outra profesora. Unha paisaxe espectacular!
















martes, 6 de maio de 2025

Día 2 da estadía de observación en Nicolosi

 Segunda xornada xornada da estadía de observación Erasmus + de 5 días de María José Novo e María José Gil, profesoras de infantil/música e de inglés/francés na ESO, no Istituto Comprensivo Card G. B. Gusmet en Nicolosi, Sicilia.










Pola mañá, fixeron a presentación de Galicia e do noso colexio. Logo observaron unha clase de español e unha clase de Música. Despois, o alumnado fíxolles un percorrido cultural por Nicolossi e remataron cunha cálida recepción no Concello co alcalde da cidade.

Pola tarde, acudiron ao laboratorio de orquestra do que dispón o centeo ao ter a especialidade musical.

Grazas polo update e seguimos atentos!

luns, 5 de maio de 2025

Estadía de observación no Istituto Comprensivo Card G. B. Gusmet en Nicolosi, Sicilia

 Hoxe foi a primeira xornada da estadía de observación Erasmus + de 5 días de María José Novo e María José Gil, profesoras de infantil/música e de inglés/francés na ESO, no Istituto Comprensivo Card G. B. Gusmet en Nicolosi.

Logo dunha cálida recepción polo equipo directivo e polo alumnado do consello escolar, fixeron un tour polo centro e observaria aulas de infantil, de música en primaria, unha obra de teatro do alumnado de secundária e un obradoiro de cerámica.

Grazas por manternos informados!