xoves, 20 de abril de 2023

4ª xornada sobre inclusión en Praga

Velaquí varias imaxes da 4ª xornada da nosa teacher Mª José en Praga na que puido coñecer da man dos seus compañeiros checos a sistema educativo do seu país. Ademais, afondaron na aprendizaxe baseada en proxectos e en tarefas e en cómo adaptar o currículo para que unha clase sexa realmente inclusiva.






Moitas grazas, Mª José!

mércores, 19 de abril de 2023

3ª xornada de Mª José Gil en Praga

A 3ª xornada de  Mª José Gil en Praga xirou en torno ao desenvolvemento psicosocial do alumnado e á importancia de crear un clima de aprendizaxe positivo na escola.









Ademais, os profesores checos, daneses, chipiotras e letóns coñeceron o noso colexio grazas a unha interesante e completa presentación da nosa teacher!



Moitas grazas Mª José compartir a túa experiencia con nós!

martes, 18 de abril de 2023

2ª xornada de formación en Praga

Velaquí varias imaxes da 2ª xornada do curso sobre inclusión educativa que María José Gil está a realizar en Praga. As actividades de hoxe xiraron en torno á comunicación non violenta. Despois de reflexionar sobre cómo lidiar con conflitos, métodos comunicativos e a educación en valores e moral, a nosa teacher Mª José afondou, xunto cos seus compañeiros de curso, na avaliación do alumnado e cómo proporcionar feedback axeitado tendo en conta as características de cada alumno.








¡Unha xornada moi interesante!


luns, 17 de abril de 2023

1º día de Mª José en Praga

María José Gil comparte con nós a súa experiencia no 1º día de formación en Praga, unha xornada interesante na que,  xunto con profesores da República Checa, Dinamarca, Chipre e  Letonia afondaron sobre as diferenzas entre integración e inclusión, aprenderon técnicas e estratexias para identificar factores de risco de exclusión no alumnado.  






Ademais, xunto cos outros profesores participantes no curso desfrutou dunha visita guiada pola fascinante cidade de Praga.




¡Estamos desexando saber máis! ¡Grazas, María José!

venres, 24 de marzo de 2023

Segunda sesión do obradoiro de competencia oral en inglés

 Onte tivo lugar a segunda sesión dunha nova edición do curso de competencia oral en inglés que María José Gil está a impartir para profesorado que desexe participar en proxectos Erasmus +.









Thanks, María José, for a very entertaining session!

venres, 17 de marzo de 2023

1ª sesión obradoiro de competencia oral en inglés

 Onte pola tarde tivo lugar a primeira sesión dunha nova edición do curso de competencia oral en inglés que María José Gil está a impartir para profesorado que desexe participar en proxectos Erasmus +.




Thanks, María José, for a very entertaining session!

venres, 3 de marzo de 2023

2ª xornada estadía observación docentes gregas

 Na segunda e última xornada da visita de observación ao noso centrom as tres docentes gregas acudirin á aula de 5º de primaria, na que a titora e alumnado lles explicaron o funcionamento do Plan Lector e a súa integración no Plan Dixital con actividades como os Booktubers, os audiolibros, as enquisas de Google Classroom e as exposicións virtuais para o Festival do Libro.






Ademais, tamén visitaron as aulas de infantil para comprobar todo o que os peques aprenderon grazas a un proxecto sobre Grecia, a súa país de orixe. 





Boa viaxe de volta e grazas pola vosa visita!