luns, 7 de marzo de 2022

Nova actividade #IDEFFO en 4º de primaria: "MatemaTIC"

 O alumnado de 4º de primaria ven de completar  "MatemaTIC" unha nova actividade STEM no marco do proxecto Erasmus K226 #IDEFFO (Inclusive Digital Education for Students and Families with Fewer Opportunites.).






Ao longo de varias sesións, familiarizaronse con feramentas dixitais como Kahoot, Google Docs, Genially e Youtube para consolidar conceptos e estratexias da competencia matemática cun enfoque lúdico, colaborativo e baseado na aprendizaxe experiencial e por proxectos.

Para saber máis, consulta este dossier.

Parabéns!

venres, 18 de febreiro de 2022

Obradoiro de Gamificación en 5º de primaria do proxecto KA226 Inclusive Digital Education

 O alumnado de 5º de prrimaria ven de participar nun obradoiro enmarcado no proxecto Erasmus + KA226 Inclusive digital Education for Students and Families with fewer Opportunities (IDEEFO), coordinado pola consellería de educación, no que aprenderon a manexar a ferramenta Educaplay para reforzar a súa aprendizaxe de forma lúdica e segura



Educaplay é un sitio web que permite deseñar e compartir diferentes tipos de xogo cos que comprobar se a aprendizaxe ten tido lugar e permanece no tempo.

Parabéns, rapaces!


xoves, 17 de febreiro de 2022

Sesión formativa no IES Xesús Taboada Chivite

 A nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto, ven de impartir unha sesión formativa no IES Taboada Chivite en Verín sobre como aplicar metodoloxías activas da aula, unha das áreas de interés dos nosos proxectos Erasmus + KA1 e do noso Plan Erasmus.



Bea compartíu estratexias e boas prácticas de enfoques como a aprendizaxe por proxectos, a aula invertida, a gamificación e a avaliación formativa, boas prácticas que evidencian o impacto sostible do programa Erasmus +. 


Asímismo, presentou os diversos proxectos nos que se atopa inmerso o noso centro e os seus obxectivos, socios e produtos a conseguir. Destacan, entre eles, os dous proxectos KA226 nos que estamos asociados: Inclusive digital Education for Students and Families with fewer opportunities (IDEFFO), coordinado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia e Digital Technology,Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching (#DTICEQT)liderado pola Universidade de Santiago de Compostela.


Os docentes do IES Taboada Chivite puideron así, achegarse tamén a metodoloxía de traballo que desenvolvemos para implementar estos dous proxectos nas etapas de Educación Primaria e Secundaria e que se basean na aprendizaxe baseada na resolución de problemas ou retos e o fomento das competencias dixitais.


Grazas, Bea!

mércores, 9 de febreiro de 2022

Obradoiro de speaking para participar en mobilidades Erasmus

 Velaquí varias imaxes do obradoiro de expresión e interacción oral en inglés impartido pola nosa profesora María José Gil no Centro de Formación e Recursos de Ourense da man do Consorcio Erasmus+ "La educación inclusiva para la escuela actual" liderado polo CFR de Ourense e do que o noso centro forma parte.



Trátase dunha actividade interactiva na que María José dotou aos participantes de estratexias, técnicas e frases útiles para poder levar a cabo con éxito unha mobilidade Erasmus + de formación do profesorado, unha evidencia clara do impacto sostible dos nosos proxectos Erasmus +.












Thanks a million, María José!


mércores, 2 de febreiro de 2022

1ª xornada en Barcelos do proxecto Inclusive Digital Education

 Bea Nieto e Alberto Blanco veñen de compartir varias imaxes da xornada de onte en Barcelos na que intercambiaron con profesorado de Portugal, Grecia e Reino Unido exemplos de boas prácticas e recursos para favorecer a inclusión a través da competencia dixital no marco do proxecto do proxecto Erasmus + KA226 Inclusive Digital Education for Students and Families with Fewer Opportunites:










martes, 1 de febreiro de 2022

1ª mobilidade do proxecto Inclusive Digital Education en Barcelos

 Bea Nieto e Alberto Blanco están en Barcelos para participar na 1ª mobilidade do proxecto Erasmus + KA226 Inclusive Digital Education for Students and Families with Fewer Opportunites, no que colaboramos xunto con institucións de Grecia, Portugal e Reino Unido para fomentar a inclusión educativa a través da competencia dixital.










Nesta mobilidade, as institucións socias do proxecto veñen de compartir os resultados dos cuestionarios postos en marcha, así como as evidencias das diferentes unidades didácticas creadas e os seus respectivos plans dixitais.

Estamos atent@s!

 


martes, 25 de xaneiro de 2022

Nova actividade #DTICEQT en 1º de ESO: "Dreamcatchers"

 O alumnado de 1º da ESO ven de completar "Dreamcatchers" unha nova actividade STEM no marco do proxecto Erasmus K226 #DTICEQT (Digital Technology, Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching). 

Como primeiro paso, activaron a súa creatividade ao escribir mensaxes inspiradoras en inglés polo Día da Paz que captan os seus desexos dun mundo máis xusto.





Seguidamente, na aula de tecnoloxía, manexaron a impresora 3D para convertir as súas mensaxes en "atrapasoños" ou "dreamcatchers".



 Velaquí o resultado: