xoves, 4 de abril de 2019

4ª xornada en Helsinki

No seu 4º día en Finlandia, Eva Pousa visitou un centro de bacharelato en Helsinki acompañada por docentes de 6 nacionalidades: alemá, croata, grega, italiana, francesa e portuguesa. Alí foron recibidos por Annukka Kosonen, profesora de español, inglés e coordinadora dos programas Erasmus+ do centro e pola súa nova directora, Susanna Kalmari.





Annukka explicoulles o funcionamento do centro e os proxectos que levan a cabo. Despois, incorporouse á charla Juan, un alumno hondureño que forma parte do grupo de International Ambassadors. Juan contoulles contó como foi a súa adaptación ao sistema finés e afirmou que o que máis lle gusta do sistema é a a liberdade e independencia que teñen os alumnos para elixir e realizar os seus estudios, algo que tamén destacou Annukka.
Annukka, pola súa banda, compartíu o que ela considera son as claves do éxito do sistema finés:

  • a calidade da educación primaria
  • o respecto e admiración da sociedade polos profesores
  • a importancia da lectura
  • os descansos entre as sesións
a escasa carga burocrática e administrativa dos profesores
Porén, Annuka tamén mencionou aspectos preocupantes na realidade educativa en Finlandia; en concreto expresou as súas reservas con respecto a unha idea que está tomando forza: a escola ten que ser divertida, hai que gamificar as aulas. O feito de que todo teña que ser divertido pode traer consigo que moitos alumnos non valoren o esforzo e teñan baixa tolerancia ao fracaso, algo que no centro tamén nos preocupa e que estamos a abordar cunha avaliación máis formativa.
De todo isto nos falará Eva a súa volta!!
Grazas, Eva!

mércores, 3 de abril de 2019

A prensa faise eco da mobilidade en Helsinki

A mobilidade de Eva Pousa en Helsinki, hoxe no Xornal Escolar. Gracias a Diario La Región pola difusión!




3ª xornada en Helsinki


No seu 3º día en Helsinki, Eva Pousa tivo a oportunidade de visitar unha escola de secundaria, a Saarnilaakson koulu en Espoo, un concello cerca de Helsinki.


Alí entrevistouse coa coordinadora de programas internacionais, Hanslin Kirsi, e co director, Jukka Kuittinen. Ademais, asistíu a varias sesións e tomou boa nota da realidade educativa observada. É, segundo Eva, difícil de resumir a experiencia en poucas palabras. A modo de avance, destacaría o ambiente distendido e relaxado nas aulas; que os alumnos síntanse cómodos é unha prioridade para garantir a aprendizaxe e evitar o absentismo. O uso das TIC, ademais, está moi integrado pero sempre tendo en mente que son un medio, nunca un fin en si mesmo.









Eva adianta tamén que hai moitas diferenzas e algunhas semellanzas co sistema educativo español e nolas achegará na reunión informativa de maio. Estamos desexando descubrilas!
Grazas, Eva!

martes, 2 de abril de 2019

2ª xornada en Helsinki


Eva Pousa comparte con nós a súa experiencia na segunda Xornada de formación en Helsinki!


Pola mañá, tivo a oportunidade de participar nun percorrido guiado no que coñeceu a historia e cultura de Helsinki.


 Despois, tivo unha sesión formativa con Anna Nolvi, profesora universitaria, quen ofreceu unha visión do sistema educativo finés desde a perspectiva de profesora e de nai: "Unha profesión na que é difícil entrar pero na que un é feliz" describe o seu punto de vista.




A segunda sesión, impartida por Vesa Ryhänen, tratou sobre os retos do sistema finés, algúns dos cales, segundo Eva, coinciden cos retos do noso sistema.




Estamos desexando saber máis! Grazas, Eva!!

luns, 1 de abril de 2019

Hei desde Helsinki!

Eva Pousa xa está en Helsinki e comparte con nós varias imaxes da súa primeira xornada!


Pola mañá visitou a cidade seguindo as recomendacións dos alumnos de 3º ESO-A: a catedral luterana, a praza do Senado e a catedral ortodoxa Uspenski. Tamén paseo polo centro e entrou no mall Stockmann, outra das recomendacións dos alumnos.




Pola tarde, asistíu á primeira xornada do curso na que coincidíu con máis de 120 profesores de 12 nacionalidades. Vesa Ryhänen impartíu unha charla moi interesante sobre a historia de Finlandia e como esta repercutiu na educación. Eva quédase cunha frase moi significativa: “Non temos pazos en Finlandia pero temos grandes servizos públicos e estamos orgullosos deles, especialmente das bibliotecas”.





Grazas, Eva!

venres, 29 de marzo de 2019

Boa viaxe, Eva!


A nosa secretaria, Eva Pousa, chegará mañá a Helsinki, para participar nun evento formativo formativo dirixido a profesores de centros educativos de toda Europa.


Ao longo de 6 días, Eva terá a oportunidade de visitar escolas de Finlandia nas que observará clases reais para analizar o seu enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademáis, entrevistaráse con profesores para intercambiar información sobre a realidade educativa e sociocultural en Finlandia e no noso país e para sentar as bases de futuros proxectos de colaboración.
Esta mobilidade xa está a ter un impacto moi positivo no centro xa que os alumnos de 3º da ESO, supervisados por Chus Corral, elaboraron un diario de viaxe con información útil sobre Helsinki e fixeron unhaexposición sobre Finlandia para facilitar a estadía de Eva nos próximos días.


Boa viaxe, Eva!