venres, 22 de marzo de 2019

Buon viaggio, María José!

A nosa profesora de inglés, María José Gil, viaxará á cidade italiana de Crema para participar nunha estadía de observación no Istituti Istruzione Superiori Piero Safra.




Ao longo de 5 días, María José terá a oportunidade de observar clases reais para analizar o seu enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademais, entrevistarase con profesores para intercambiar información sobre a realidade educativa e sociocultural en Italia e no noso país e para sentar as bases de futuros proxectos de colaboración.
Boa viaxe, María José!


mércores, 20 de marzo de 2019

Entrevista a María José Novo sobre a súa estadía en Dublín

María José Novo ven de compartir con nós a súa experiencia en Dublín, Irlanda, logo de participar nun curso de actualización lingüística en inglés. Non deixes de ler esta entrevista. Thanks a lot, María José!


Institución de acollida: English Matters
1. Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
A miña mobilidade  consistió nun curso de actualización lingüística para mellorar as competencias na lingua inglesa.
2. Que tipo de actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Clases expositivas e de actividades e dinámicas para traballar os diferentes contidos do curso. As visitas  á  cidade, museos, monumentos, excursións...foron unha forma lúdica de aprender e mergullarme no idioma.
3. Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
Coñecer in situ a cultura irlandesa é a mellor forma de facer inmersión na lingua inglesa. Descubrir os seus costumes, monumentos, museos, lendas, comidas, tradicións, deportes, música, ...Unha visión  moi completa deste país.
Tamén resaltaría a importancia do traballo en equipo cos meus compañeiros para lograr un fin común e a posibilidade de realizar proxectos con outras escolas e profesores.
4. Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
Foi unha experiencia moi positiva por darme a oportunidade de mellorar o meu nivel de inglés  pero sobre todo por compartir experiencias educativas con outros profesores de distintos lugares de Europa.
O traballo en equipo foi o máis enriquecedor a nivel persoal e profesional.
5. Como cres que podería mellorar?
A organización  do curso, temario e actividades estaban moi ben estruturadas. O profesorado e organizadores sempre atentos ás nosas necesidades. Nada negativo que sinalar.
6. Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Sen dúbida, puiden mellorar as miñas habilidades lingüísticas no uso do inglés en situacións cotiás e como medio de comunicación na aula especialmente na fluidez oral, vocabulario e pronuncia.  Este curso tamén axuda ao profesorado para mellorar o  inglés co fin de poder participar con maior soltura en cursos Erasmus +.
 Ademais o coñecemento sobre da cultura irlandesa permitirame transmitirlla aos meus alumnos e realizar proxectos sobre a mesma.
7. En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
8. Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?
Sen dúbida
9. Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto
10. Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Convidaría os meus compañeiros a vivir esta magnífica experiencia polos seus múltiples beneficios non só a nivel profesional senón tamén a nivel persoal. É realmente enriquecedor ver outros puntos de vista e descubrir que hai moitos compañeiros interesados, coma nós, pola mellora da educación. É unha experiencia inesquecible!

martes, 12 de marzo de 2019

Recepción na Deputación de Ourense

Simone e Nicole, dúas profesoras de Brunswick que están a visitarnos, foron recibidas polo presidente da Deputación. Acompañadas pola secretaria do centro e pola coordinadora de programas europeos, foron quen de compartir con D. José Manuel Baltar os obxectivos e impacto dos proxectos Erasmus + nos que colaboran ambos centros e que xiran en torno a innovación metodolóxica, a inclusión educativa e o plurilingüismo.






O presidente foi moi amable ao informar ás profesoras sobre o labor da institución que preside e dos vínculos entre a Deputación e institucións doutros países.
Moitas grazas á Deputación de Ourense por unha acollida excepcional!


Willkommen Simone und Nicole!


Dos profesoras de la RealSchule George-Eckert de Brunswick, Alemania, visitan nuestro colegio para participar en una estancia de observación co-financiada por un proyecto Erasmus + KA1 de movilidad del profesorado de educación escolar.






 A lo largo de 5 días, del 11 al 15 de marzo, Nicole y Simone tendrán la oportunidad de observar clases reales para analizar su enfoque pedagógico e importar buenas prácticas docentes. Además, se entrevistarán en inglés con profesores y alumnos de la ESO para intercambiar información sobre la realidad educativa y sociocultural en España y en Alemania y para sentar las bases de futuros proyectos de colaboración.









Esta estancia es fruto de una visita Erasmus + a laRealschule George-Eckert llevada a cabo por Beatriz Nieto en marzo del curso pasado. Gracias a esta movilidad, Beatriz pudo conocer la gestión y enfoques metodológicos en este centro alemán y dar a conocer el Plan de Desarrollo Europeo del centro orensano, un plan dotado hasta el momento con dos becas Erasmus + y cuyo objetivo es lograr la mejora de la calidad educativa y la internacionalización a través de la potenciación de cuatro ámbitos estratégicos:  la gestión y la cohesión de la comunidad escolar, la inclusión como medio para fomentar la diversidad sociocultural y el talento individual; la mejora de las competencias profesionales y lingüísticas de la comunidad escolar y la potenciación de la dimensión europea.

Esta visita ya está teniendo un impacto muy positivo en el centro ya que los alumnos de la ESO están preparando folletos y vídeos en inglés sobre su día a día en el centro y sobre el patrimonio histórico, cultural y natural de Ourense que entregarán/mostrarán a las profesoras alemanas para facilitar su visita. Además, el centro ha elaborado un completo programa de actividades que incluye no sólo observación de clases y actividades de centro; también talleres en el que alumnos y profesores explicarán sus proyectos de centro, los enfoques pedagógicos que los sustentan, las herramientas TIC que se emplean y los resultados obtenidos. Este programa se completará con visitas guiadas en inglés a lugares emblemáticos de la ciudad, una visita guiada por el campus de Ciencias de la Universidad de Vigo y una recepción en la Diputación para difundir los logros de este proyecto de internacionalización y para dar a conocer la riqueza cultural y natural de Ourense.

¡Estad atentos!



sábado, 2 de marzo de 2019

Farewell

Hoxe é o último día da estadía en Dublín de Beatriz Temes e María José Novo. Logo de 5 xornadas intensas nas que tiveron a oportunidade de intercambiar experiencias, visitar centros educativos e mellorar a súa competencia en inglés, é o momento de compartir o aprendido. Velaquí varias imaxes das exposicións que recollen 5 días de traballo cooperativo.








Thanks a lot for sharing all this with us!

venres, 1 de marzo de 2019

5ª xornada en Dublín

No penúltimo día en Dublín, Beatriz Temes e María José Novo visitaron Glendalough con profesores de diferentes países europeos!




Glendalough (O val dos mil lagos) é un conxunto monasterial situado no Condado de Wicklow ao sur de Dublín. Foi creado no século VI por San Kevin e a maioría dos edificios foron completados entre os séculos VIII e XII, o que fixo de Glendalough un importante centro de peregrinaxe que honra a memoria do santo.





Xa de volta en Dublín, fixeron a visita obrigada a un pub irlandés, a mellor maneira de despedir unha experiencia inesquecible.



Estamos atentos! Thanks a lot!!